Monday 29 de April de 2024

O Concello de Ribeira presentará xunto coa Cofradía da Dorna a súa candidatura para acoller o XVII encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia


No Pleno Extraordinario do 22 de febreiro, o Concello aprobou desestimar o recurso de reposición interposto polo xerente da Ute Auditorio de Ribeira contra o acordo do pleno de resolución do expediente de penalidades da obra do Novo Auditorio de Ribeira.

A obra, que debía de estar rematada o 21 de agosto de 2023, non se recepcionou ata o día 13 de decembro. A penalización, dacordo coa Lei de Contratos do Sector Público, por non rematar en tempo e forma a obra “envía unha mensaxe moi clara a tódalas empresas coas que traballa o Concello; que este equipo de goberno vai velar por cada euro que se gaste das arcas públicas” explicou o alcalde Luís Pérez.

Asimesmo tamén se aprobou a presentación da candidatura do Concello de Ribeira para acoller o XVII encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, a través da Asociación Cultural Real e Ilustre Cofradía da Dorna. O alcalde, Luís Pérez, destacou a importancia de contar con este evento enmarcado no calendario da Festa da Dorna, e agradeceu á directiva da Cofradía por apostar por este encontro tradicional, que significa “unha gran valorización da historia, do patrimonio, da cultura e das tradicións do noso municipio.”